Exito de público e vendas na I Feira Outlet Merca In Fene

Exito de público e vendas na I Feira Outlet Merca In Fene

13 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Cun auténtico éxito de público e de vendas saldouse a I Feira Outlet Merca In Fene celebrada nesta xornada coincidindo co feirón de Perlio, organizada pola Asociación de comerciantes O Cruceiro. As 20 carpas das tendas de moda, textil infantil e de adultos, agasallos, videoxogos e calzado, rexistraron unha continua afluencia de visitantes ao longo de todo o dia.

A xornada soleada e o feirón -que se celebra en Perlío todos os segundos e cuartos domingos de mes- contribuiron, sen dúbida ao éxito da iniciativa comercial. As rúas e os establecementos de hostelería ateigados de xente facían lembrar o ano 1992 cando comezou o mercadillo, impulsado pola Asociación Veciñal de Perlío.

Sociedade