Exito de participación no club de lectura de adultos da biblioteca municipal

Exito de participación no club de lectura de adultos da biblioteca municipal

04 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Exito de participación na primeira sesión do club de lectura de adultos da biblioteca municipal. Un total de 28 persoas participan nesta actividade literaria que consiste na lectura individual dun mesmo libro que unha vez ao mes é comentado conxuntamente entre todos os participantes.

O club púxose en marcha coa lectura da obra “Seda” de Alessandro Baricco e baixo a dirección de Alexia Dotras, doutora en filosofía, profesora da Escola Universitaria de Maxisterio San Pablo- CEU de Vigo e Master en Literatura Infantil.

As reunións deste novo Club de lectura promovido pola biblioteca redondelán terán lugar os últimos venres de cada mes. Estase a traballar ademais na posta en marcha dun club de adultos na biblioteca de Chapela.

Un xeito diferente de achegarse á literatura e que está a dar moi bo resultado co público infantil e xuvenil, xa que dende hai meses funcionan os clubes de lectura de rapaces tanto na municipal de Redondela como na de Chapela.

Cultura