Exitos e proxectos de Rubén Coca

Exitos e proxectos de Rubén Coca

10 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O cineasta Rubén Coca protagoniza esta tarde noite a tertulia semanal organizada pola asociación Lefre de Caldereta en Ferrol. Coca dirixeu e produciu curtametraxes cinematográficas e videoclips. E tamén realizador e guionista de traballos en cine, televisión e publicidade. A charla comezará ás 20,30 horas no Pub Borsalino (Rúa Pardiñas).

Algunhas das produccións de Rubén Coca:

- "Mínimo común múltiplo" (nominado premio Mestre Mateo 2007, mellor obra experimental)
- "Notamotof" (seleccionado para máis de 50 festivais, máis de 20 internacionais)
- "Aquí no hay playa" (emitido en tve e canal+)
- "El fruto del tedio" (mellor curtametraxe de cine de Galicia. XVIII Xornadas de cine e vídeo Xociviga 01
- "La Vida mata" (campaña de lanzamento e imaxe do documental 2050. How soon is now? para Tv7
Cultura