Experiencia histórica

Experiencia histórica
11 de Maio, 2026 - 01:07 h. | Publicada por Radio Fene

O Maníños non logrou frear a un Lalín que demostrou por que lidera a Preferente. Tras un 3-0 ao descanso, o técnico Adrián Martinez  admitiu que a falta de pegada e os erros defensivos condenaron ao equipo. Malia o resultado, Martinez valorou o compromiso do núcleo central do plantel nunha tempada difícil. O club asume o descenso de xeito autocrítico, pero destaca como positivo o valor da experiencia tras a súa histórica primeira etapa nesta categoría autonómica. 

ESCOITA O PODCAST:

Conversa co preparador do Maniños Adrián Martínez Amador:

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/110526MARTINEZ.mp3

Fotografía Xan Xe

Lalín 5 -0 Maniños. O equipo de Fene prepara a final da Copa Ferrol para o sábado 23 de maio.

Fotografía Xan Xe

Deportes

Publica o teu comentario agora