Expertos propoñen a creación dun Parque Natural no Monte Pindo

Expertos propoñen a creación dun Parque Natural no Monte Pindo

07 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

Esta mañá presentouse ante o Observatorio Galego da Biodiversidade a proposta de creación dun Parque Natural na área de Monte Pindo no Concello de Carnota, acompañado dun informe que acredita o interese científico e ambiental que garda esta zona. Este documento foi asinado por expertos recoñecidos na área de Conservación da Natureza, entre os que figuran preto de 25 profesores das  Universidades de Santiago e de A Coruña, diversos in

A proposta presentada recompila as diferentes especies animais e vexetais protexidas, así como outros valores naturais de interese como hábitats protexidos, as características xeolóxicas do entorno ou o seu patrimonio histórico; aínda que non propón unha demarcación concreta para o Parque. Segundo os ecoloxistas a súa creación provocará que o aproveitamento turístico do Monte Pindo se multiplique, aumentando o beneficio económico para a poboación local. Asemade axudaría a evitar os incendios, un dos principais problemas que ten o Monte Pindo.

O Observatorio Galego da Biodiversidade, dependente da Dirección Xeral da Natureza da Consellería de Medio Rural, leva sen reunirse desde hai dous anos, sendo a última reunión presidida por Benito Reza, anterior Director Xeral de Conservación da natureza do bipartito. Por este motivo os ecoloxistas expresaron o seu descontento pola desidia e a parálise á que está sometido o Observatorio debido á carencia total e absoluta da Xunta de políticas de Conservación da Natureza.

Sociedade