Explosión de primavera

Feira da Plantación
25 de Abril, 2026 - 06:00 h. | Publicada por Radio Fene

Plantas, flores e árbores atraerán moitas persoas este domingo a San Sadurniño. A Feira da Plantación bate marcas no número de postos participantes nesta vixésimo novena edición, segundo anunciou en Radio Fene o concelleiro de Desenvolvemento Local de San Sadurniño, Manolo Varela.

ESCOITA O PODCAST:

Máis dun cento de postos de viveiros, artesanía, alimentación e maquinaria. Todo na Feira da Plantación que se celebra nunha preciosa paraxe natural de San Sadurniño que ben merece unha visita. Ducias de especies para xardíns, plantas para macetas, froiteiras. Todo iso e máis no Campón do arboreto e da Fraga Máxica neste domingo de primavera. 

A feira comezará ás 10 horas coa apertura dos postos. Durante toda a xornada haberá demostracións de arte floreal, sesións de cociña, degustación de produtos de A Fusquenlla, sortes de ramos e centros florais e animación. Tamén Radio Fene terá presenza na Feira coa celebración dun coloquio sobre o futuro da aldea que conducirán a nosa compañeira Ana Santiago e Xosé Cendán, de Radio Eume.

Sociedade

Publica o teu comentario agora