Expochristmas, outra feira de Nadal

Expochristmas, outra feira de Nadal

14 de Decembro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Chega a Vigo a primeira edición de Expochristmas, a feira de Nadal, que abre mañá as súas portas cunha oferta variada e de calidade. Permanecerá aberta, ininterrompidamente até o próximo 5 de xaneiro no primeiro piso do Peirao de Transatlánticos da Estación Marítima de Vigo, con entrada gratuíta. Como eixo temático, elixiuse o antigo Exipto e por iso, haberá elementos decorativos, pero tamén obxectos destas

Mañá sábado, 15 de decembro, abre as súas portas a primeira edición da feira de Nadal, Expochristmas, unha proposta orientada ás compras destas datas, baseada na calidade e variedade da oferta. Agasallo, artesanía internacional, delicatessen, aceites, chocolates de luxo, viños, ademais de roupa, complementos, decoración, así como xogos e xoguetes, son algunhas das áreas que se poderán atopar entre os 40 expositores que participan.

Como eixo temático, elixiuse o antigo Exipto e por iso, haberá elementos decorativos, pero tamén obxectos destas afastadas terras que poderán ser adquiridos polos visitantes. A organización de Expochristmas, a feira de Nadal, fixeron un gran esforzo para sentar as bases de futuras edicións cunha oferta variada, atractiva e de calidade para complementar a existente nesta época do ano.

A feira, que abrirá mañá sábado, permanecerá aberta, ininterrompidamente, até o próximo 5 de xaneiro, entre as 12 do mediodía e as 10 da noite na primeira planta do a Estación Marítima no Peirao de Transatlántico, no centro da cidade. A entrada é gratuíta.

Sociedade