Expoclásicos abre as portas en Ferrol esta fin de semana

Expoclásicos abre as portas en Ferrol esta fin de semana

20 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Profesionais e afeccionados ao mundo do motor poderán disfrutar durante a fin de semana , do 23 ao 25 de abril, cos casi 200 veículos que se exporán na terceira edición de Expoclásicos, un certame que organiza FIMO coa colaboración do Auto Club Clásicos Narón e a Escudería Ferrol. O delegado da Xunta, Diego Calvo, será o encargado de inaugurar o Salón, o venres ás 18h, anque as portas abrirán xa para o p&uac

Coches, motocicletas e mesmo camións de épocas pasadas permanecerán expostos nos pavillóns 1, 2, 3 y hall do recinto feiral de Ferrol, xunto cun importante número de complementos, como vestiario para motoristas, sistemas de escape, radios clásicas, obxectos de coleccionista, repostos e seguros especiais para este tipo de vehículos.
O Director técnico de FIMO, Domingo Díaz Basoa, calcula que serán un total de 7.000 metros cadrados de exposición, nos que o visitante poderá desfrutar mirando os veículos expostos, pero ademáis terá a oportunidade de coñecer de mans dos profesionais, todos os segredos da reparación e restauración destas auténticas xoias e recibir asesoramento. De novo, a Escudería Ferrol fai coincidir con "Expoclásicos" o seu Rallye de Ferrol Histórico- o sabado-  do que también poderán disfrutar os visitantes porque terá no recinto feiral o seu parque pechado. O horario de apertura do salón será, o venres dia 23: de 16:30 a 20:30. O sabado 24 e o domingo 25;  de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:30A entrada custa 3€.

Sociedade