ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
“La Evolución Humana” chámase a exposición que desde o 6 ao 17 de abril acolle a Biblioteca Municipal de Ordes. Trátase dunha mostra que chega ao municipio da man do Concello e a editorial Everest e que contou no seu desenvolvemento coa colaboración da Fundación Atapuerca e o Canal Historia.
O obxectivo desta mostra é ensinar dunha maneira amena e visual as distintas etapas e os cambios máis significativos na evolución dos seres humanos, nun ano no que se conmemora o aniversario do nacemento do científico Charles Darwin e a publicación do seu libro “El Origen de las especies”, que supuxo un cambio radical na forma de explicar as orixes do home.
O contido da exposición divídese en dous grandes bloques. Por un lado, existen paneis adicados aos cambios biolóxicos máis importantes acontecidos nos últimos seis millóns de anos, así como as curiosidades máis sorprendentes da evolución humana e as especies que forman parte dela. Por outra banda, outro grupo de paneis contarán a formación e a historia dun dos xacementos máis importantes do mundo, a Serra de Atapuerca, as distintas teorías sobre a evolución a través de científicos como Darwin, e outros temas de interese relacionados coa evolución.
A exposición diríxese especialmente a nenos e nenas de entre 8 e 12 anos. Permanecerá aberta de 8:30 a 20:30 horas. Na mesma participarán os centros escolares do municipio que realizarán visitas guiadas.