ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Axudar a expresar a sexualidade de forma satisfactoria e plena. Ese é un dos obxectivos dos 7 centros Quérote que funcionan en Galicia. O de Ferrol leva aberto 1 ano e atendeu multitude de consultas sobre métodos anticonceptivos, estratexias de ligue, enfermedades de transmisión sexual e relacións afectivas.
Un equipo multidisciplinar formado por unha psicóloga e un traballador social, atenden o Quérote, apoiados dende o centro coordenador por educadores sociais e enfermeiros. Ademais da resolución de dúbidas e consultas, o centro realiza campañas e actividades comunitarias en centros de ensino, ANPAs e colectivos de discapacitados.
A psicóloga do centro Quérote de Ferrol Nuria Roibás explicou esta mañá algunhas das iniciativas desenvolvidas ao longo do seu ano de vida. Na campaña Lambetadas, por exemplo, repartiron preservativos de sabores.
O Centro Quérote atende de forma presencial nos seus locais ubicados na Rúa Santa Comba, 61 na zona de Ultramar de Ferrol. Tamén facilitan información e responden a consultas de xeito inmediato e anónimo por teléfono ou a traves da páxina de Internet quérote.org.