ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
“Borrón e conta nova que o domingo temos outro partido”. (6-0) Pinchou o Perlío en Nós. “A pesar do resultado veño satisfeito co esforzo das rapazas”, destaca o míster, Carlos Carballo.
“Comezamos bastante ben, a primeira media hora foi igualada, elas meteron un gol no 20’ e nós tivemos un par de oportunidades para empatar. A partir de aí, un par de decisións arbitrais nos quitan un pouco do partido, nos meten o segundo, xusto na seguinte xogada nos expulsan unha xogadora e iso xa nos desquiciou totalmente”. O Perlío perdeu a Antía Fernández, expulsada antes de acabar a primeira parte. “Foi unha expulsión bastante rigorosa, aínda estabamos protestando cando nos meteron o terceiro gol”. O adestrador prefire non entrar a opinar das decisións arbitrais. “Está claro que cando perdes 6-0 tamén cometes ti erros”, pero laiase de que a actitude que teñen con adestradores e xogadoras da Coruña é diferente.
Publica o teu comentario agora