ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A Praza da Quintana acolle mañá, martes 28, a partir das 20.30h. o concerto das Bandas Xuvenil e Sinfónica de Musigalizando co que poñen o broche final a Musigalizando, campamento musical que organizan, por quinto ano consecutivo, a Asociación Cultural Musical Solfa, a Banda da Escola de Música de Rianxo e a Banda da Agrupación Músico-Cultural de Ribadumia. O campamento, que se está a celebrar desde o pasado día 22 en Gandarí
Nesta quinta edición de Musigalizando, aos compoñentes das tres agrupacións organizadoras sumáronse instrumentistas da Banda de Música de Padrón e da Banda de Música da Golada. Así, con máis de 90 integrantes conformouse a Banda Xuvenil e a Banda Sinfónica que darán este concerto no que interpretarán pezas de Landín, MacCoy, Montes, Meij, Reineke, Brage, Appermont, Seráns e Abba.
Desde a organización de Musigalizando remarcan que o pobo galego posúe unha riqueza musical que non ten límites e que son moitos milleiros de persoas e asociacións que se moven ao redor da música. Máis de 5.000 mozos e mozas, nenos e nenas integran estas agrupacións bandísticas. E Musigalizando forma parte deste grande puzzle musical que axuda a conservar, construír e querer o patrimonio cultural e musical de Galiza. Así, despois de días de traballo, esforzo e superación os rapaces e rapazas deste campamento culminan os seus ensaios cun grande concerto na Praza da Quintana ás 20.30h. ao que queren convidar a todos os composteláns e compostelás.