ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Volta a normalidade logo dun día que dificilmente esqueceremos. Entrada a mañá aínda quedaban lugares da provincia sen subministro eléctrico, na zona de Arzúa e Melide, segundo informou a Radio Fene a subdelegada do Goberno, María Rivas.
Ata ben entrada a madrugada non volveu a luz a Ferrolterra. De feito, as comarcas de Ferrol e Santiago foron as últimas en volver ter subministro de enerxía eléctrica. María Rivas indicou que durante a noite organizouse o envío de combustible aos hospitais Arquitecto Marcide e Naval para garantir o funcionamento dos grupos electróxenos e que puideran seguir operativos sen problemas. A subdelegada tamén confirmou que non se produciron incidentes na provincia, onde estiveron despregadas preventivamente as distintas forzas de seguridade e agradeceu a dedicación dos funcionarios públicos nunha situación de emerxencia como a vivida nas últimas horas.
Publica o teu comentario agora