ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
“Un traballo complexo, dito pola propiedade non atopaban quen se atrevera a meterlle o dente”. Avanzan a bo ritmo en Fene os traballos de tala dos grandes eucaliptos situados a beira do río Cádavo que supoñían un importante problema de seguridade. Moitas persoas seguiron con curiosidade estes días a evolución dos profesionais especialistas na poda en altura. Falamos do tema co concelleiro de Urbanismo e primeiro tenente de alcaldesa, Manuel Polo.

Un gran cambio está a supoñer na zona o traballo que estes días realiza unha empresa con especialistas que traballan a pé e tamén escaladores. “Unha das cousas que se viu en tres casos é que a polilla e os anos causaron danos en varios deles, sobre todo os máis próximos ao parque do río Cádavo e do Torreón, estaban en malas condicións, non tiñan consistencia, a parte interior normalmente a máis dura estaba acorchada”, explicou Manuel Polo.
Concello requiriu aos propietarios de tres fincas que deran solución ao gran risco que supoñían os eucaliptos de gran porte próximos a vivendas e ao Parque Lineal do Río Cádavo. Do perigo que representaban hai varios antecedentes, en 2021 caeron pólas dun eucalipto sobre o parque, suceso que se repetiu en 2024. O risco era evidente. “O Concello colaborou no operativo co precintado da zona e sinalización por seguridade, e aínda así pasou o suceso do Torreón”, sinala o Polo quen lembra que por lei “os eucaliptos non poden estar en solo urbano nin a 50 metros das vivendas”.
Publica o teu comentario agora