Fútbol de primeira en Maniños

Fútbol de primeira en Maniños
05 de Agosto, 2026 - 09:24 h. | Publicada por Radio Fene

Esta tarde Maniños acollerá o segundo amigable da pretempada do Racing de Ferrol da Primeira Federación. Un total de 6.508 persoas xa se fixeron socias do equipo verde tras a primeira fase da campaña. As sete e media desta tarde no campo do Pote. A entrada custa dez euros, de balde para os menores de dezaoito anos.  Pola súa banda o Perlío xoga mañá xoves en San Sadurniño. As oito e media da tarde no campo da piscina. 

O Barallobre comezará a liga da Segunda Futgal o domingo 13 de setembro. O plantel adestrado por Borja Mesa xa comezou cos adestramentos e xogará ente venres contra o Galicia en Caranza, o venres da vindeira semana en Ortigueira e o mércores 19 en Valdoviño. O sábado 22 participará no Trofeo Concello de Fene e o sábado 29 agosto, trofeo Barallobre no campo do Ramo fronte ao Canido e ao Racing de San Pedro.

 

 

Imaxe do partido Maniños - Burela

Fotografía Xan Xe

Deportes

Publica o teu comentario agora