ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A SD Barallobre propón unha xornada lúdica no campo do Ramo que mesturará fútbol de intensidade coa degustación de liscos e chourizos.

Mentres a dirección da entidade segue a buscar rapazas e rapaces de entre 11 e 13 anos para formar equipo de base segue a quedarlle tempo para organizar unha actividade aberta a todo o público nas súas instalacións, un partido de Solteiros contra Casados que rematará cunha degustación gastronómica.
A entidade, mentres tanto, segue a traballar durante estes meses de verán non só na formación deste novo equipo, que semella estar moi preto porque xa teñen 14 futuros compoñentes; senón tamén en reforzar o seu equipo de modestos con novas incorporación e reforzando tamén o corpo técnico da entidade, así como os traballos de remodelación e mantemento do campo do Ramo.
O inmediato é a proposta desta actividade lúdica prevista para o venres 18 de xullo ás 19,30 horas, este clásico partido Solteiros contra Casados no campo do Ramo. O evento, de claro carácter festivo, rematará cunha degustación de liscos e chourizos que poñerá o peche a un partido no que a carga lúdica é o obxectivo principal. Para máis información podedes dirixirvos a 67318 51 56.
Fotografía: XanXe
Publica o teu comentario agora