Facendo malabares: traballo e familia

Facendo malabares: traballo e familia

25 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Charla informativa en Soutomaior sobre os recursos económicos e sociais para favorecer a conciliación familiar e laboral baixo o título “Facendo malabares: traballo e familia”. A conferencia, impartida pola traballadora social Paula Dopazo, fará unha aproximación aos recursos sociais e as axudas económicas existentes para as familias.

Os recursos perseguen favorecer a conciliación como poden ser o permiso de maternidade e paternidade ou os permisos e excedencias laborais. Tamén ao longo da exposición faráse un percorrido pola lexislación e a normativa vixente logo das modificacións incluídas na lei de marzo do 2007 así como información sobre as posibilidades que a lei pon a disposición dos pais e nais traballadores para que gocen de diferentes beneficios que lles facilitan o cuidado dos nenos. A charla desenvolverase no multiusos de Arcade hoxe mércores ás 19:00 horas con entrada de balde.

Sociedade