ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
“O Goberno local ten que facer as súas contas e despois negociar”. O voceiro do PSOE no Concello de Fene, Joaquín Ayala, bota en falta que non estean aprobados os Presupostos municipais deste ano. Nunha entrevista en Radio Fene, Ayala censurou á Xunta por rexeitar o novo modelo de financiamento autonómico e por “estar desaparecida” no conflito do transporte de viaxeiros por estrada da provincia da Coruña.

“Votar a favor duns orzamentos que non son propios é complicado, no 2025 abstivémonos para que saían adiante, había un consenso para sacar adiante algúns proxectos”, comentou o voceiro socialista. Considera que a planificación dos Orzamentos municipais debera comezar con tempo, “en setembro ou outubro”.
O que está en xogo
Joaquín Ayala afeoulle ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que rexeitara o novo modelo de financiamento autonómico. Rexeita 587 millóns de euros cando el mesmo declarou hai pouco tempo, segundo unha noticia publicada na propia web da Xunta, que Galicia precisaba 500 millóns, critica o político socialista. Eses cartos poderían ir a financiar o Servizo de Axuda no Fogar, apunta o voceiro do PSOE. “Imos ser un pouco serios, porque aquí esta a calidade de vida dos galegos, non a túa nin do teu partido que che está mandando as directrices para rexeitar o financiamento do Estado”.
Está desaparecida
Critico coa Xunta tamén no referido ao funcionamento do transporte de viaxeiros por estrada e ao conflito laboral neste sector. “Onde está a Xunta? desaparecida, tiña que controlar o contrato”, destaca. Para Ayala, “o conflito está creado por falta de supervisión da Xunta, por non amarrar máis os contratos. Non nos parece xusto que as empresas vaian a unha licitación en precario a costa dos traballadores e a Xunta propíciao”.
Publica o teu comentario agora