Fachenda, dignidade e orgullo

Fachenda, dignidade e orgullo
27 de Xuño, 2024 - 10:56 h. | Publicada por Radio Fene

A Marcha Mundial das Mulleres é un movemento feminista que defende a igualdade de dereitos. Por iso, súmase á celebración do Día do Orgullo LGTB+ , que se conmemora mañá, venres. Está contra os discursos de odio e traballa pola erradicación de prexuizos, como apuntou Lucía Vizoso, da Marcha Mundial da Mulleres en Ferrolterra.

Bandeiras LGTB+ na Casa do Concello de Fene

No balcón da Casa do Concello de Fene xa se colgaron (de esquerda a dereita) as bandeiras transxénero, asexual, bisexual, LGTB+, lesbiana, pansexual e intersexual. "Serán as bandeiras da Eurocopa" indicou esta mañá unha veciña que circulaba pola Praza Ramón Souto.

Institucional

Publica o teu comentario agora