A faciana máis solidaria dos videoxogos

A faciana máis solidaria dos videoxogos

06 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Monforte

Os amantes das tecnoloxías teñen unha cita esta fin de semana na I Feira e Campionato de videoxogos Cidade de Lugo. Un evento organizado pola Asociación de Usuarios de PC, Internet, e Arcade (ASUPIVA). Unha organización sin ánimo de lucro para axudar aos nenos hospitalizados mediante doazóns de última xeración en videoconsolas e PC para facerlles máis agradable a súa estancia no hospital. A feira celebrarase deste este venres 10 de setemb

As feiras de videoxogos comezan a botar rodas e a ser cada vez máis solidarias. Nesta liña de mobilidade sitúase o proxecto Xogando con Tecnoloxía que vén da man da Asociación de Usuarios de PC, Internet, Videoxogos e Arcade (ASUPIVA). A través destas feiras faise fincapé das moitas vantaxes de lecer e de comunicación destes recursos. Asemade, quérese propiciar un uso máis sostible dos mesmos e, sobre todo, máis universal. A faciana móbil desta iniciativa, que conta por enteiro co patrocinio da Fundación Ecolec, fará escala esta fin de semana en Lugo.

O evento conta con dúas partes ben diferenciadas. A feira de videoxogos, con entrada de balde, con todas as últimas novidades en consolas e videoxogos. Permanecerá aberta de dez da mañá ata as dez da noite. O segundo apartado é o dos campionatos no que se poderá competir cunha inscripción de 3 euros. Todo o recadado destinarase a doar tecnoloxía para a sección de pediatría dos hospitais da cidade das murallas.

Dentro dos obxectivos marcados pola asociación está informar do uso correcto das consolas, PC, Internet, xogos e móbiles tanto a xóvenes como aos pais. Asemade queren achegar ás tecnoloxías a todo o mundo, en particular á xuventude, e informar doutras alternativas de ocio como a lectura, o cine ou o deporte, segundo explicou en Radiofusión, o presidente de Asupiva, Pablo Avilés.

Durante a feira habilitaranse unha serie de emprazamentos de reciclaxe onde se poderán depositiar pequenos aparellos domésticos, como PCs, impresoras, televisións ou móbiles. O propósito  é acadar que unha boa parte da actividade ecolóxica e sostible amosada serva para doar aos hospitais videoconsolas e xogos educativos.   

Sociedade