ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Co obxectivo de promocionar aos grupos de rock da provincia, a Deputación da Coruña convoca este ano a III edición do Concurso de Rock “Deputación da Coruña”. Poderán participar nesta convocatoria todos os grupos de rock da provincia que teñan alomenos un CD editado e que non fosen premiados en anteriores edicións. O prazo de inscrición remata o vindeiro 13 de marzo.
Os interesados cumplimentarán o modelo normalizado que se pode obter nas dependencias da institución provincial ou una páxina web www.dicoruna.es. Ademais débese achegar a seguinte documentación: relación de compoñentes da banda e instrumentos, acreditación de empadroamento na provincia da Coruña, breve biografía e dossier fotográfico ou de prensa do grupo, necesidades técnicas de montaxe e CD ou traballo discográfico que deberá ter un mínimo de catro temas compostos por eles mesmos.
A Deputación constituirá unha comisión, composta por cinco expertos para a audición dos traballos discográficos. Seleccionará aos cinco grupos que accederán á fase final de actuación en directo. O concerto celebrarase durante o mes de agosto nun concello da provincia da Coruña. A actuación de cada un dos grupos terá unha duración máxima de 30 minutos e a organización facilitará aos participantes o equipo de son, a iluminación e o escenario. Cada un das bandas finalistas recibirá 300 € por participar neste fase do concurso.
O xurado do concurso estará presidido polo presidente da Deputación e formarán parte do mesmo a deputada responsable da área de Cultura da institución provincial e tres persoas de recoñecido prestixio no ámbito da música.
O primeiro clasificado obterá un premio de 3.000 euros. O segundo e terceiro clasificados recibirán sendos premios de 1.500 euros e o cuarto e quinto clasificados acadarán un premio de 1.000 euros cada un.
As bases completas poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia do luns, 22 de febreiro (www.dicoruna.es/bopportal).