ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Concello de Fene revisa a taxa do lixo para facerlle fronte á suba do canon imposta por Sogama. O alcalde, Juventino Trigo, informou en Radio Fene da aprobación inicial da ordenanza fiscal da taxa pola recollida, tratamento e eliminación dos residuos sólidos urbanos. Deu conta, tamén, dun convenio recen asinado coa Deputación en materia de dixitalización.
“Sogama segue queimando, iso penalízase e os concellos e veciños somos os que sufrimos as consecuencias”, explicou Juventino Trigo. Fene, igual que o resto de concellos galegos aos que dá servizo Sogama, paga a penalización dun modelo no que a Xunta optou pola incineración dos residuos. Sogama incumpre as directivas europeas que promoven a reciclaxe e pásalle a factura da penalización aos concellos. En xaneiro de 2025 a empresa participada pola Xunta cobrará aos concellos 108 euros por tonelada de residuo, cando un ano antes eran 66 euros. Os concellos teñen que repercutir o custo do servizo á cidadanía porque a lei prohibe que os servizos municipais sexan deficitarios. En Fene prevese unha suba inicial da taxa que se achega ao 45%. "Estamos por debaixo do que teríamos que subir", advirte o alcalde.
Trigo deu conta tamén da sinatura, este luns, dun convenio coa Deputación da Coruña para avanzar na dixitalización da xestión municipal. Un acordo coa Deputación que permitirá maior axilidade na tramitación administrativa, ademais de facilitar o cumprimento das obrigacións de transparencia e mellora da seguridade.
Publica o teu comentario agora