Faga unha ponte de pedra

Faga unha ponte de pedra
18 de Maio, 2025 - 10:00 h. | Publicada por Radio Fene

O profesor e escritor eumés Antonio Fraga lembrou a figura de Agustín Fernández Paz (1947-2016) quen viviu na rúa dos Irmandiños de Pontedeume desde 1991 até 1993.Mestre comprometido coa nosa lingua, foi escritor pioneiro moi recoñecido na literatura para a rapazada. Do seu traballo constante e feliz dan conta as case 70 obras publicadas e 50 premios acadados. No cortexo organizado polo Ateneo Fernán Martís e o colectivo Terra, realizado en Pontedeume no Dia das Letras Galegas e conducido por Anxos García Fonte e Pepe Barro,  tamén participaron Suso Martinez, Mónica Alonso, Ana Belén Manteiga, Oriana Méndez, Cristina Iglesias, Pilar Cagiao, Xesús Fraga e Fran Alonso. Todo mentras soaba a melodía da banda de música Charamela.

Pontedeume. 17 de maio de 2025

Nos beizos das persoas participantes, aquela copra da poesía oral, tan acaída ao esteiro do Eume:

Quen tivera amores lonxe,

Regueiriños que pasar,

Faga unha ponte de pedra,

Que de pau pode crebar.

Cultura

Publica o teu comentario agora