ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
En Fene hai moito que ver. Dar a coñecer a riqueza local, fomentar a convivencia e a práctica deportiva. Tres obxectivos para un programa da Concellería de Deportes de Fene. As “Andainas por Fene” comezan o sábado, 15 de xuño, na parroquia de Barallobre. O concelleiro de Deportes, Adán Chao, explicou detalles desta actividade.
A Concellería de Deportes organiza o programa “Andainas por Fene”, en colaboración coas entidades socioculturais. O paseo por Barallobre sairá o sábado, ás 17 horas, do local da ACDR Liga de Amigos de Barallobre. A camiñada continuará polo Souto Grande, Camiño Revolto, Romariz, a Loira, o Castro, os Loureiros, o Penedo, as Chousas, Cocallo, Tras do río, Rúa Santiago e regreso ao punto de saída. Son, en total, uns 5 quilómetros de dificultade media que se completarán en aproximadamente 2 horas. A participación é de balde, pero cómpre anotarse (até o venres 14 de xuño ás 13.00 horas) chamando ao departamento de Deportes do Concello no 981 34 03 66/607 615 962
Publica o teu comentario agora