ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Concello de Foz traballa na implantación de faixas de protección nas vivendas para tentar limitar os efectos nocivos dos incendios como os que estes días se están a producir no Courel e Valdeorras.
“Dende a Concelleria de Medioambiente se está traballando na implantación das faixas de protección contraincendios das vivendas. "Visto o que está a acontecer estes días en Valdeorras e O Courel, a cidadanía ten que darse conta do perigo que supoñen as especies pirófitas preto das vivendas. Aquí na Mariña é practicamente todo eucalipto, hai moitísimo traballo que facer nese eido aínda que xa hai moitos núcleos que están protexidos e libres de pirófitas e seguimos traballando nese senso”, asegura Francisco Xavier Fanego, concelleiro de Medio Ambiente de Foz.
Na imaxe, Susana Falcón (Radiofusión) e Xavier Fanego (Concelleiro de Medio Ambiente de Foz), na praia da Rapadoira.
Publica o teu comentario agora