ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
O ferrolán, Baudilio Sanmartin García destacou na defensa de Málaga fronte ao exército de Franco en febreiro de 1937. Era o xefe da base naval e con escasos medios organizou a resistencia fronte aos militares sublevados que contaban co apoio dos camisas negras de Mussolini e dos regulares de Marrocos.

Numerosos ferroláns participaban nos buques da flota leal ao Goberno lexítimo da República. Entre eles Baudilio Sanmartín, xefe da base naval de Málaga, casado en Maniños con Eugenia Vilachá.
Ao rematar a guerra, exiliouse en Francia onde morreu en 1971,. O seu fillo, tamén chamado Baudilio Sanmartín, contaba en Radio Fene en maio de 1995, que o seu pai falaba francés con acento de Valdoviño. No campo de concentración en Francia organizou clases de francés para os refuxiados. Parte da súa peripecia vital relátase no libro "Málaga, base naval accidental" de Luis Miguel Cerdera.
Publica o teu comentario agora