Falando de Saúde

Falando de Saúde
22 de Outubro, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Consellos e información sobre a saúde unha vez ao mes. A Asociación Veciñal de Limodre deseñou unha programación de charlas que presentou en Radio Fene Maite López Pazos, da directiva da entidade veciñal.

ESCOITA O PODCAST:

“Falando de Saúde”. Título do ciclo de charlas que se vai celebrar mensualmente na Escola de Limodre a partir desta semana. Non foi intencionado, pero as charlas programadas serán impartidas por mulleres. Todas elas fixeron carreira en ámbitos relacionados coa saúde, están vinculadas a Limodre, aínda que algunhas residen fóra, e á Escola levantada grazas ao esforzo da xente da parroquia e á xenerosidade dos indianos. Abrirá o ciclo Coral Calvo Bruzos, profesora da UNED e experta en Nutrición. Sábado, día 26 de outubro, ás 18:30 horas.

Sociedade

Publica o teu comentario agora