Falar ao corazón, non á mente

Falar ao corazón, non á mente
09 de Febreiro, 2024 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

“Ao final non necesitaba grandes cantidades para emborracharme, cando cheguei ao Grupo, practicamente botaba dia e noite bebendo”, relata Isabel, usuaria do Grupo 24 Horas Alcohólicos Anónimos Ferrolterra. “Bebía por todo, calquera cousa é un bo motivo, moitas veces non me daba conta ou poñía escusas”, sinala Mariel. As dúas compartiron as súas vivencias no programa A Fenesta de Radio Fene.

ESCOITA O PODCAST:

O alcoholismo ten consecuencias en todos os aspectos da vida da persoa que o padece e mesmo ao seu entorno. Tamén nas amizades. “Era eu a que me apartaba, por sentirme rara no medio deles, ou porque me dixeron a verdade, dicíanme algo a miña realidade que eu non quería ver”, conta Isabel. “Sempre é necesario un apoio, para que te fagan ver a realidade”, dí Mariel. No seu caso, o mellor apoio non viña de familia nin amigos, senón de compañeiros do Grupo.  “Un compañeiro que pasou polo mesmo si o entendo, porque me fala ao corazón non á mente, as demais persoas non poden entender o que me estaba pasando, saben que teño un problema, non saben como axudarme e o único que facían era machacarme”, explica. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora