Falar do sufrimento

Falar do sufrimento
04 de Marzo, 2024 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

“Falar do sufrimento axuda a previlo”. É unha reflexión que nos deixou esta semana o psicólogo José Barcia que esta semana abordou un tema que segue a ser tabú, o suicidio.  

ESCOITA O PODCAST:

“As persoas que se suicidan queren deixar de sufrir, non morrer”, salienta Barcia Tuccelli. Para axudalas, “o primeiro é darse conta de que son persoas que están sufrindo”. O suicidio é a primeira causa de morte non natural en España. Supera aos accidentes de tráfico. Inda así, segue a ser un tema tabú e iso dificulta atender ás persoas con tendencias suicidas. “Se queremos axudar o primeiro é escoitar, a partir de aí buscar vías de atención especializada, médico psiquiátrico, hai iniciativas educativas de acompañamento”. 

Barcia tamén falou do consumo de pornografía a idades temperás. "Na escola e na familia débese falar de sexo para que a rapazada teña máis fontes de información que as que lle chegan a través de Internet".

 

Na imaxe, programa de radio Onda ODS na Asociación Veciñal de Limodre

Fotografía Xan Xe

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora