ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
“Para empezar estaría ben que falaramos”, pídelle o presidente da Asociación de Editoras Galegas, Miguel Toval, á Xunta. O sector do libro adiantouse á celebración do Día das Letras Galegas entregando os Premios Follas Novas nunha gala celebrada en Santiago a pasada fin de semana.

“Ter unha mesa de negociación sería unha cousa magnífica, o ano pasado reunímonos de forma regular, en decembro solicitamos un calendario de reunións para este ano e aínda non temos resposta”, di o presidente das editoras. Citando a Manuel Bragado, apunta Miguel Toval que o do libro “é un sector cunha mala saúde de ferro, un sector resistente pero con moitas debilidades”. Cada vez menos xente fala en galego e iso repercute negativamente na venda de libros en galegos. A literatura galega ten éxito, recibe premios e tradúcese a outras linguas, pero a venda de libros en galego diminúe. De cada 100 libros vendidos só 6 están escritos e publicados en lingua galega, explicou Miguel Toval. Na undécima gala dos Premios Follas Novas, que conceden a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galicia, o sector reclamou unha visibilidade acorde co talento e os éxitos que está colectando a literatura galega.
Publica o teu comentario agora