Falar sen complexos e con argumentos

Falar sen complexos e con argumentos

06 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Presentouse en Fene o libro "55 mentiras sobre a língua galega" con animado coloquio e nutrida asistencia de estudantes. Os participantes calificaron a publicación de "moi útil" para subir a autoestima e defendérmonos dos ataques con argumentos.

“En 30 anos de mestre nunca vivín no ensino ningún conflicto por dar as clases en Galego” afirmóu o director do Ramo Cesar Martínez Yáñez onte na Casa da Cultura de Fene. Este mestre foi o encargado de presentar o libro “55 mentiras sobre a lingua galega” en Fene, ao mesmo tempo que se facía o propio en 70 localidades galegas e do exterior. No acto falouse da oportunidade coa que nace esta publicación, coordenada por Henrique Costas, en plena batalla polo Galego, xa que aporta argumentos cotiáns cos que defendernos das acusacións dos enimigos do idioma proprio. Un nutrido grupo de nenos asistíu e participiou activamente no coloquio. O libro véndese ao prezo de cinco euros nas librarias e dende hoxe a biblioteca municipal contará con exemplares do mesmo.

Sociedade