Falece o pintor máxico de Ferrol Laureano Quesada.

Falece o pintor máxico de Ferrol Laureano Quesada.

04 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O pintor ferrolan Laureano Quesada faleceu no Hospital Juan Canalejo de A Coruña. Os seus restos serán incinerados na cidade herculina, ás 4 da tarde. Laureano Quesada Jiménez foi o pintor do realismo máxico. Naceu en Ferrol  no ano 1941, de pai andaluz e nai galega. Tras catro anos de vida no mar abandona a profesión de mercante para adicarse á sua gran paixón, a pintura.

A última vez que poidemos ver en Ferrol a obra de Laureano Quesada foi no 2007 como participante na exposición de homenaxe a Pérez Villaamil organizada  pola SAF no Casino ferrolán. Dous anos antes, no 2005, recibiu na sua cidade natal o primeiro premio no concurso de pintura C O N (Club naval de oficiales) de Ferrol. Quesada estudou na Escola de Artes Aplicadas de Granada e despois en París e Madrid.

Na década dos 70 prodigouse en exposicións nas galerías francesas de París e Niza. Volveu á terra como profesor de pintura na Asociación cultural Gerardo Villabride de Cedeira entre o ano 1985 e 1989. A sua obra é quizás máis coñecida no sur da península, especialmente en Granada onde residíu, pero tamén expuxo en cidades tan lonxanas como Bélxica, Amsterdan ou California. Os restos mortais do pintor ferrolán, Laureano Quesada Jiménez atópanse no Tanatorio coruñés de Servisa, onde ás catro da tarde serán incinerados.

Sociedade