Falece un operario en accidente laboral en Navantia Fene

Falece un operario en accidente laboral en Navantia Fene
20 de Maio, 2023 - 10:47 h. | Publicada por Radio Fene

Un operario faleceu no mediodia deste sábado nun accidente laboral en Navantia Fene. O empregado de Windar quedou sen vida ao ser golpeado por unha peza dunhas setenta toneladas. Encontrabase no seu posto de traballo na fábrica de monopiles e foi golpeado por unha peza que non chegou a aplastalo. Os servizos de bombeiros do estaleiro retiraron o corpo cara un lateral onde agardou ata que foi trasladado ao Hospital Naval onde lle foi practicada a autopsia.

Fotografía: Xan Xe

A familia do empregado residia na Coruña e se trasladou á factoria de Fene. No lugar tamé se personaron forzas da Garda Civil e da Policia local de Fene. Navantia e Windar fixeron público un comunicado laiandose do suceso. O Concello de Fene tamén fixo chegar o seu pesar aos familiares e compañeiros do traballador.

Sociedade

Publica o teu comentario agora