ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O concello de Mugardos fixo público o nome dos gañadores da séptima edición do certame de relato curo en galego. As obras premiadas foron, no apartado de menores de 18, na obra O meu poncho vermello da autora Helga Peña Díaz e, na categoría de maiores desa idade o libro titulado A evacuación do Caudillo da autoría de Xulio Romero Suárez.
O xurado deu a coñecer a acta do fallo logo da sesión celebrada na Sala de Comisións do Concello na tarde de onte.
O tribunal do certame estivo presidido pola concelleira de Política Lingüística, Anxos Díaz Prados e composto polas mestras de educación primaria Francisca Pérez Bouza e Mercedes Nicolás Vieira, o mestre de ensino secundario Xoán Álvarez Garea e a bibliotecaria do concello de Mugardos, Ana Begoña Alonso González. Como secretaria actuou Mª del Mar Novoa Conde.
Unha das obras galardoadas O meu poncho vermello presentouse baixo o pseudónimo de Emo Woman mentres que a outra agochouse trá-lo nome de Canduas. A entrega de premios terá lugar mañá sábado día 28, ás doce da mañá, no decurso dun acto que se celebrará no salón de plenos do Concello e no que intervirá Sechu Sende.