ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
“Hai un refrán galego que di non é pega sen mancha negra, neste caso non se cumpre”. O achado dunha pega branca en Fene, na zona do campo da festa, contradí o refrán galego ao que aludiu o acreditado ornitólogo e profesor xubilado Xosé Manuel Penas Patinho.
Penas Patinho, coautor da Guía das aves de Galicia, tivo noticia da existencia da pega branca de Fene polas imaxes que rexistrou o fotógrafo de natureza Xosé Bieito Arias. Di que é un caso insólito so ata certo punto. Lembra ao merlo branco que apareceu en Dodro en 2020 ou o famoso Copito de neve, o gorila albino que viviu no zoo de Barcelona. Son casos raros, pero non únicos que se orixinan pola mutación dunha enzima necesaria para que a melanina chegue ás plumas ou ao pelo do animal.
Á pega branca de Fene sería interesante facerlle seguimento para comprobar se transmite esa mutación á descendencia. O malo é que a característica que a fai especial tamén a converte en vítima fácil dos depredadores. “Pódese ser guapo pero ata certo punto nada máis”, bromea o profesor Pena Patinho. Por se fora pouco, os paxaros e o resto dos animais, coma ás persoas, non son precisamente tolerantes cos diferentes. “Incluso moitas veces os exemplares da propia especie rexéitanos, non os consideran normais”, explica o experto.
Publica o teu comentario agora