ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Na comisión de urbanismo celebrada onte sí se aprobou outro dos requisitos imprescindibles para a construcción do centro, a modificación do PERI de Chapela co cambio de denominación da zona que pasa de industrial a zona de equipamentos.
Coa retirada deste punto o pleno quedou baleiro de contido e o debate político produciuse a tenor dunha moción presentada polo PP sobre a entrada en vigor da zona azul no campo da feira a partir do vindeiro luns. Os populares reclamaban ao goberno que adiase a posta en marcha desta medida ata que non conclúan as obras de humanización previstas para a zona de Vilavella. Alberto Pazos explicaba que ao coincidir as obras e a posta en marcha da zona azul “vanse reducir o número de aparcamentos o que vai agravar a situación do comercio, xa moi negativa por mor da crise”.
Afirmaba ademais que hai problemas máis urxentes “nesta mesma semana téñense producindo novamente roubos no centro da vila” e que non ten sentido por a policía local a controlar si os condutores cumpren ou non a prohibición de estacionar por un período superior a hora e media “cando o número de axentes é tan escaso”.
O concelleiro de trafico, Eduardo Reguera aseguraba que as obras de humanización non van restar practicamente número de prazas e que os aparcamentos que quedarán fora da zona azul son mais que suficientes para atender a demanda existentes.
A moción dos populares foi rexeitada cos votos en contra de PSOE e BNG