Falta de agresividade

Falta de agresividade
12 de Maio, 2025 - 04:48 h. | Publicada por Radio Fene

Non puido o Perlío B superar ao Sporting Cambre B. 2-5 marcador do partido nos Pinares. “Chegamos con ganas e un pouco xustos de xente, con adestramentos bastante irregulares”, explica o adestrador Gonzalo Beceiro.

ESCOITA O PODCAST:

“Un pouco decepcionado, porque era a última oportunidade que tiñamos de xogar na casa esta tempada”, recoñece o técnico do Perlío B. “Moi boas intencións, pero falta agresividade, foi o resumo do que nos sucedeu durante a tempada, sobre todo fóra da casa”. Opina o míster que confía no valor da experiencia “para seguir aprendendo” e agarda rematar a Liga con un bo resultado no último encontro de Liga na Terceira Futgal que disputará o seu equipo en Ferrol, contra o Libunca. 

Deportes

Publica o teu comentario agora