ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
"Quero xustiza para o meu fillo, porque mañá lle pode pasar a calquera" asegura o pai do mozo falecido no incendio de Ferrol. A familia estuda denunciar ao Concello por homicidio imprudente. A muller do bombeiro accidentado e que perdeu unha perna no suceso, denuncia a falta de medios do corpo de extinción de incendios. O BNG e Ferrol en común expresaron o seu apoio ás familias afectadas polo lume e piden que se investigue o sucedido. O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, trasladou esta mañá o pésame polo falecemento este domingo do mozo que resultara ferido a semana pasada no incendio dunha vivenda de Recimil, en Ferrol.

Tiña 19 anos e morreu no hospital da Coruña onte domingo debido a unha intoxicación por inhalación de fume. A muller de 24 anos e o seu fillo de tres continúan hospitalizados, igual que o bombeiro ferido ao que tiveron que amputarlle unha perna. A muller do empregado municipal denunciou nun escrito a falta de medios do corpo de extinción de incendios. Lembra que naquela noite de temporal o parque ferrolán operaba con só tres bombeiros para atender máis de 16 intervencións, moito menos, di, «que os asesores que acompañan ao alcalde a cada acto». Sostén que traballar con tan pouco persoal «deixa aos afectados e aos traballadores abandonados á súa sorte». Os compañeiros do bombeiro ferido preparan unha concentración de apoio a este profesional. Será o xoves, ás seis da tarde na Praza de Armas.
O alcalde de Ferrol sinalou que a policía nacional ten en marcha dúas investigacións, unha polo incendio e outra polo accidente laboral do bombeiro. "Esperamos que conclúan canto antes. Queremos saber as causas dos dous sucesos", afirmou o alcalde, quen asegura que comparte a dor dos seus compañeiros e da familia. ,
O incendio acaeceu o pasado xoves na rúa Alvarez de Sotomayor do barrio de Recimil. O lume orixinouse nun radiador da vivenda afectada. Os bombeiros acudiron ao lugar con tres efectivos e reiteran as súas demandas de máis medios. Ao alcalde pídenlle, ou que peche o parque ou que non se fagan saídas tan perigosas con tan pouca xente.
Publica o teu comentario agora