ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Os trastornos do sono semellan unha epidemia que vai a máis. Cada vez son máis os estímulos que nos manteñen espertos e a iso hai que engadir factores de insomnio como o estres e os hábitos de vida, comentou en Radio Fene o psicólogo José Barcia Tuccelli

Calcúlase que desde a Revolución Industrial, hai douscentos anos, perdemos unha hora e media de sono. Avances como a aparición da luz eléctrica condicionaron as vidas e horarios de traballo e descanso. Modificaron as rutinas de sono e iso vai a máis nos tempos modernos. O amplo abano de oferta audiovisual, o mundo que pon ao noso alcance á internet, teléfonos móbiles que nos manteñen hiperconectados e mesmo os reloxos intelixentes cambian os nosos hábitos de traballo, de relación e de ocio.
Publica o teu comentario agora