Falta vivenda

Falta vivenda
03 de Abril, 2025 - 03:08 h. | Publicada por Radio Fene

A boa evolución dos datos do paro ten unha cara B. Faltan traballadores na comarca en sectores como a hostalería e faltan vivendas en Fene, sinala Gumersindo Galego, voceiro do Partido Popular no Concello de Fene.

ESCOITA O PODCAST:

“Xa escasea a vivenda nova para compra-venda e alugueiro. Sinto que Fene non teña desenrolado un Plan de Urbanismo que permitira un crecemento ordenado da vivenda, Fene estase quedando sen vivendas”, declarou Gumersindo Galego en Radio Fene. O voceiro do PP lamentou, ademais, a falta de contido na sesión plenaria que celebrará ás seis da tarde o Concello de Fene. En materia de obras considera necesaria unha renovación total das pistas municipais, “porque os nosos camiños están descoidados, sobre todo os do rural”. Censura que o groso dos fondos do POS vaian destinados a gasto corrente e non a obras. E insiste en reclamar terreos para a construción dun novo centro de saúde. “Temo polo novo centro de saúde de Fene porque non hai avances nos terreos, é unha inversión moi importante”, declarou Galego.

 

Institucional

Publica o teu comentario agora