ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
O Perlío caeu pola mínima (0-1) ante o Meicende, un dos aspirantes ao ascenso na 1ª Futgal. O técnico Jesús Peña destacou a igualdade da primeira parte, decidida por un gol tras un saque de esquina no minuto 40. Aínda que o porteiro local evitou unha maior vantaxe visitante na segunda metade, o Perlío non logrou materializar os seus empuxes finais por falta de acerto, exhibiu un baleiro de ideas e non foi quen de superar ao equipo de Pastoriza. “Puxemos máis corazón que cabeza” reflexiona o adestrador.

O Perlío visita a próxima xornada ao Olímpico de Rutis en Vilaboa (Culleredo).
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora