ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
“Na primeira parte saímos moi durmidas, despois melloramos e tivemos ocasións, pero non acerto”. Resume a adestradora do Maniños feminino a última xornada da Segunda Galicia. Lugo B 4-0 Maniños. Conversamos en Radio Fene con Noelia Leiras e Tensi Varela.
A temporada está sendo complicada para o Maniños que acumula lesións. “Cinco xogadoras fóra en dez xornadas”, lamenta Noelia Leiras. Unha das lesionadas e Tensi Varela. Mancouse o xeonllo e o xemelgo no partido contra o Orzán. Camiñando aínda con unha muleta, agarda que lle dean o antes posible a alta para volver aos adestramentos. Mentres, apoia ás súas compañeiras en todos os partidos que pode e ve marxe de mellora no equipo. “Non ter boa marcaxe, despistes, ás veces ao estar moi aceleradas cometes máis erros e pasa factura en goles”, Noelia Leiras sinala os aspectos que debe mellorar o seu equipo.
Publica o teu comentario agora