ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Os dous goles que marcaron as xogadoras do Cultural de Maniños non impediron a vitoria do Carral. 2-4 marcador no Pote. Do ocorrido no campo e de como aprender das derrotas falamos co adestrador do equipo, Juanjo Iñiguez, Cebolo, e co seu parente, o psicólogo deportivo Andrés Iñiguez.
“Un mal partido”, opina o técnico. Achaca o resultado e os erros cometidos á “falta de concentración”. Recoñece o bo xogo do equipo contrario, “un dos mellores equipos da categoría, non sei como están aí abaixo, xogaron moi ben ao fútbol”.
Do Maniños, opina o especialista en psicoloxía deportiva que é “un equipo competitivo”. Na última xornada “observei que houbo como unha montaña rusa”. Das rivais destaca “o nivel atencional das xogadoras”.
“O traballo dun adestrador vai máis aló do aspecto físico, tamén é un xestor de persoas”, salienta Andrés Iñiguez, quen chama atención sobre o feito de que “a psicoloxía aínda hoxe é a gran descoñecida no mundo do deporte, o aspecto psicolóxico non se adestra e hai moitas variables que traballar”.
Publica o teu comentario agora