ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Moitas ocasións perdidas déronlle a vitoria nos Pinares 0-2 ao Rápido de Neda fronte ao Perlío B no partido da Segunda Futgal disputado o domingo.

“Non finalizamos con acerto e ao final iso penaliza, nas áreas non estamos a ser contundentes”, explica o adestrador Gonzalo Beceiro. Dous goles nos minutos 4 e 85 déronlle os tres puntos en liza ao Rápido de Neda. No partido houbo moitas ocasións perdidas do Perlío B, que sufriu a lesión de Guillen e no tramo final do partido quedou sen dous xogadores aos que ensinaron en moi pouco tempo senllas tarxetas amarelas. “Por nivel de xogo e de esforzo non se pode recriminar nada ao meu equipo”, salienta o adestrador Gonzalo Beceiro.
Publica o teu comentario agora