Faltou definición

Maniños B 0- Cariño 1
11 de Marzo, 2019 - 11:42 h. | Publicada por Radio Fene

O Maniños B tivo a posesión do balón, controlou ben, pero fallou na definición.

ESCOITA O PODCAST:

O equipo do Pote marcou unha boa dinámica ao partido tendo en conta que enfrente tiña aos “gallitos” da categoría, en palabras do técnico Manuel Freire. De feito se medimos a posesión do balón, este foi do 70/80% do Maniños. ¿Qué faltou entón? A definición, apunta Freire.

O enfrentamento foi igualado, controlando, levando o peso por momentos, pero a raiz dun corner no minuto 70, a un xogador do Cariño, dun metro noventa, puxéronlle un centro que rematou con éxito. No arreón final o Maniños dispuxo de catro ocasións boas nas que foron incapaces de acadar a portería.

“Menos co resultado, estou moi contento” sentencia Manuel Freire. E engade que os xuvenís dan o nivel e compiten moi ben. No próximo encontro, o Maniños B visita ao Xuventude de Cabanas. O terreo de xogo é un dos problemas aos que se enfrentan pero vanno asimilando. No encontro de ida o Maniños B superara aos eumeses e non debera ter problemas para competir con eles.

Deportes

Publica o teu comentario agora