Faltou definir

Faltou definir
15 de Febreiro, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Para o Perlío non resultou favorable a xornada 16ª da Segunda Galicia de Fútbol Feminino. Perdeu na casa contra o Galicia de Caranza. Perlío 0-1 Galicia de Caranza. “Sabíamos que o partido era complicado, faltounos definir e así é moi complicado”, resume o técnico do Perlío, Carlos Carballo, Vinky.

ESCOITA O PODCAST:

“A primeira parte foi moi igualada, na segunda dominamos”, pero “elas chegaron unha vez e fixeron gol, nós tivemos cinco ou seis ocasións e non fomos capaces de metela”. O adestrador recoñece o esforzo feito polas xogadoras. Centra a súa preocupación na falta de efectivos. Confía en que dúas semanas por diante sen competición sirvan para recuperar xogadoras.

 

Deportes

Publica o teu comentario agora