Faltou garra

Faltou garra
10 de Marzo, 2026 - 02:45 h. | Publicada por Radio Fene

Na Terceira División Galega sumou un punto o Perlío que empatou sen goles co Rápido de Neda. O Perlío mantense invicto pero o partido non deixou bo sabor de boca. “Serve para aprender”, apunta a delegada do Perlío, Conchi López.

ESCOITA O PODCAST:

“Fomos nos quen impedimos que o resultado fose outro, creo que non fixemos un bo partido, moi separadas, en ocasións cun xogo un pouco apático e sen moito criterio”. Das rivais di Conchi que son “un equipo ben posicionado no campo, que lle pon intensidade”.

Non houbo goles no partido, pero o punto conseguido é especialmente valioso porque  o Cariño  perdeu na casa contra o Val. O Perlío vai segundo con tres puntos máis que o Cariño, pero a delegada do equipo pide máis ambición. “Máis empuxe e máis garra”.

Deportes

Publica o teu comentario agora