Faltou o gol

Faltou o gol
18 de Outubro, 2022 - 12:26 h. | Publicada por Radio Fene

O Perlío empatou sen goles co Galicia de Caranza en campo contrario. Nun partido da Segunda División galega de fútbol feminino, moi igualado e case sen ocasións de gol na primeira parte mentres que na segunda o Perlío tivo varias ocasións, ata fallou un penalti, pero non logrou marcar

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía Xan Xe

“Penso que fixemos todo o necesario para gañar o partido menos marcar un gol, que ao final é o que conta”, declarou a Radio Fene o adestrador do Perlío,  Carlos Carballo, “Vinky”. “Sabíamos que era un partido complicado. Elas reforzáronse ben, teñen bo equipo e xogábamos no seu campo”, explica. A primeira parte do encontro foi moi igualada, case sen ocasións de gol, pero na segunda cambiou a cousa. “O noso equipo saíu claramente a polo partido, tivemos a posesión do balón, con tres ou catro ocasións moi claras de marcar e fallamos un penalti”, dí o adestrador. “Moi contento co esforzo das rapazas e co traballo, pero penso que o xusto era traer a vitoria para a casa”, conclúe.

 



Na imaxe, Rosa Taboada

Fotografía Xan Xe

Deportes

Publica o teu comentario agora