ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Un gol madrugador deulle a vitoria ao Rosalía nos Pinares. Malia bo traballo do Perlío B o partido quedou sentenciado con ese tanto. Decepcionado polo marcador o adestrador, Gonzalo Beceiro, porque o equipo fixo un bo partido.

“Eles saíron mellor con máis disposición”, recoñece o adestrador do Perlío B. Se cadra o equipo comezou pouco concentrado debido á emoción da homenaxe feita a Raúl que perderá o que resta de tempada por unha lesión nun xeonllo. “Un pouco decepcionado do resultado porque o traballo foi moi bo e moi serio”. Así se sente o míster, quen recoñece que “neste xogo o que perdoa normalmente non suma” e onte o Perlío B tivo ocasións pero o balón non deu entrado na portería rival.
Publica o teu comentario agora