A familia do Souto de Leixa insiste

A familia do Souto de Leixa insiste

24 de Novembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O vindeiro luns podería coñecerse qué empresa gaña o concurso para xestionar o centro Terra de Ferrol. Os taraballadores e pais dos residentes non ceden nas movilizacións diarias, mentras manteñen o peche no Concello de Ferrol. O venres protagonizarán unha nova movilización sorpresa para seguir reclamando que o centro siga a ser público.

Os traballadores e pais e nais do Souto de Leixa continuan ata o final na sua reclamación de que o Centro continue a ser público. E iso a pesar de que xa hai duas empresas interesadas en facerse coa xestión do Terra de Ferrol. Duas empresas que optaron ao concurso ofertado pola Xunta de Galicia. Segundo os afectados, probablemente o luns se coñeza a empresa que gañou o concurso. Pero eles siguen insistindo nas suas reclamacións.

Despois da movilización da semana pasada, están organizando unha acción sorpresa para o venres desta semana, mentras continúa o peche no concello de Ferrol e as concentracións diante do  centro de Leixa. Onte á tarde recibiron o apoio dos traballadores do Centro Mixto de maiores de Caranza e do Centro de Menores Soutomaior que se concentraron na Praza de Armas, defendendo o respecto pola xestión pública dos servizos sociais, único garante da sua calidade.

Sociedade